¿Quen é Mummadonna?
Mummadonna goza do canto dos paxaros como da mellor música.
Gústalle que as fragancias naturais a emocionen, a súa luz e as cores.
Ela é unha namorada das caricias e as atencións. Gústalle respirar profundamente, sentirse limpa e coidada.
Mummadonna goza dos marabillosos segredos que gardan as plantas, que como a auga, brotan da terra enchendo a vida da mellor enerxía.
Gústalle darse tempo para coidarse e dar o mellor de si. Desde aí, ofrécenos unha gama de produtos de formulación única para o coidado e hixiene natural da pel e o cabelo elaborados artesanalmente e inspirados na natureza.

Coñece o noso xabón de viño mencía


Xabón natural artesán cuxos principais activos procedentes do viño mencía e o aceite de pepita de uva aportan á nosa pel hidratación, elasticidade e firmeza, actuando nela como poderosos antioxidantes.
Esta versátil froita, a uva, contén alta concentración de taninos e polifenoles así como outras sustancias que neutralizan os radicais libres que combaten o envellecemento das células e axudan a atenuar as enrugas estimulando a producción de coláxeno. Ademais actúa tamén activando a circulación do sangue e desintoxicante.
Natureza para a túa pel
Leva Mummadonna de viaxe


Mummadonna crea en exclusiva para ti estas fermosas bolsas para que podas levar calquera dos seus productos cosméticos de viaxe, de forma práctica e cómoda.
Realizadas en feltro de lá natural, un material orgánico, lixeiro, lavable e 100% sostible (desde a obtención da materia prima ata o proceso de fabricación)
Unha bolsa biodegradable e reutilizable, ¡como ten que ser! Lévaa de viaxe e garda dentro os xabóns ou calquer outro cosmético Mummadonna.
Modo de uso: tan simple como gardar o cosmético na bolsa unha vez usado, sen máis. Non necesita lavarse pero se o tes que facer que sexa con auga fría e sen retorcer. Deixa secar ao ar.