Mummadonna é unha marca de cosmética natural sólida galega.
Todas as elaboracións cosméticas son sólidas, responsables co planeta no que vivimos e no que hai que evitar en todo o posible o uso de materiais que xeran residuos no medioambiente.
O noso obxectivo na elaboración é o uso de ingredientes biodegradables.
No empaquetado, o emprego de materiais compostables ou reciclables.
Pódenos parecer que a actualidade e a modernidade nos alonxa dos estilos de vida de antaño por que precisamente como corresponden a outras épocas xa non empastan coa nosa contemporaneidade. Nin o antigo é mellor ou peor pola simple condición de selo e tampouco o moderno.
A sabedoría está en manexar sempre o mellor da tradición apoiándose nas ferramentas actuáis. A modernidade pode adoecer dunha comodidade excesiva que nos leva a entumecer a nosa percepción cós cinco sentidos no día a dia. O pasado devólvenos ao esforzo desmesurado e ás dilatacións dos tempos que implican rendementos demasiado xustos.
Mummadonna ten moi claro que non hai futuro sen pasado e que a coherencia na vida está en conxugar con destreza o espazo tempo.