Xabón de viño mencía Mummadonna

6,50

Xabón natural artesán cuxos principais activos procedentes do viño mencía e o aceite de pepita de uva aportan á nosa pel hidratación, elasticidade e firmeza, actuando nela como poderosos antioxidantes.
Categoría:

Xabón natural artesán cuxos principais activos procedentes do viño mencía e o aceite de pepita de uva aportan á nosa pel hidratación, elasticidade e firmeza, actuando nela como poderosos antioxidantes.

Esta versátil froita, a uva,  contén alta concentración de taninos e polifenoles así como outras sustancias que neutralizan os radicais libres que combaten o envellecemento das células e axudan a atenuar as enrugas estimulando a producción de coláxeno. Actúa tamén activando a circulación do sangue  e é desintoxicante. Os polifenoles son moléculas que poseen ata 50 veces máis acción antioxidante que a vitamina E e 30 máis que a vitamina C.  Os flavonoides son axentes auxiliares que reducen os efectos negativos dos raios ultravioleta na dermis. O resveratrol, presente nas uvas, axuda a combatir os signos de cansancio na pel.

Outros compoñentes activos deste xabón son os que aportan os aceites esenciais de Laranxo Amargo e Palmarosa:

                Laranxo Amargo: de aroma cálido e restaurador. Na pel é un excelente sedante e rexenerador cutáneo. Antiinflamatorio e antibacteriano. Nunha esfera emocional é útil en estados nervosos, estrés e insomnio. Revitaliza o estado de ánimo. Antidepresivo. Promove a claridade mental e equilibrio emocional. Asociado ao chakra do embigo, o da vontade.

                Palmarosa: de aroma florido e fresco. Indicado en afeccións cutáneas: acné, eccemas... Estabiliza a secreción de graxa.  Antibacteriano e antiviral. Nunha esfera emocional axúdanos a conectar co presente, calma a irritabilidade e a frustración. Asociados aos chakras do corazón e coronario; o amor e a conciencia superior.

Información adicional

Peso 100 g
Dimensións 7.5 × 5 × 2.7 cm

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Xabón de viño mencía Mummadonna”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto la Política de Privacidad. Responsable de los datos: Pilar Naveira González || Uso: moderación y respuesta de comentarios. || Legalidad: Sin tu consentimiento no se hace nada. || Quién recibe estos datos: No se cede los datos a nadie. || Tus derechos: Si en cualquier momento quieres acceder a tus datos, modificarlos o eliminarlos, solo tienes que pedirlo. || Más info: Puedes ver como trato toda la información que recojo de manera detallada en mi apartado legal de la web. CLICK AQUÍ* *